Hemeroteca web | RSS  RSS     Luns 09.12.2019 Actualizado 13:50
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

A USC impulsa unha plataforma de micromecenado para abrir os seus proxectos á sociedade

O programa 'Sumo valor', que estará en fase piloto até marzo, permitirá doazóns de até 3.000 euros

SANTIAGO. EP  | 21.11.2019 
A- A+

Calquera estudante, particular ou empresa poderá implicarse a partir de agora cos seus propios recursos nos proxectos da Universidade de Santiago de Compostela. Para iso, a entidade habilitou unha plataforma de micromecenado na que calquera persona poderá colaborar no financiamento de distintos proxectos da institución académica.

O programa 'Sumo valor' foi presentado oficialmente na sede do CIMUS, o centro singular de investigación en medicina molecular e enfermidades crónicas, e a iniciativa está aberta a calquera interesado desde este xoves.

De momento, a plataforma atópase en fase piloto ata o mes de marzo e conta cunha serie de proxectos seleccionados especialmente para a súa inauguración, a través dos que se estudará o funcionamento e desenvolvemento da iniciativa e finalmente estendela e facela sistemática.

O funcionamento desta mecánica será moi simple de cara ao usuario. Tanto persoas físicas como xurídicas deberán encher un formulario desde o sitio web para que a propia USC valore a súa aceptación ata o próximo 31 de marzo de 2020.

O acceso poderase realizar tanto a través das credenciais, no caso de pertencer á propia institución, como de DNI, certificado dixital e mesmo 'Google'.

A doazón poderá ser tanto de bens tanxibles como intanxibles ou de dereitos e non poderá superar un valor de 3.000 euros.

O reitor Antonio López destacou que a USC busca "estimular a conexión coa sociedade e os seus egresados" e abrirse á implicación dos cidadáns nos proxectos desenvolvidos na institución académica.

Sobre todo incidiu nas "posibilidades" deste sistema e a súa heteroxeneidade, que permitirá apoiar desde proxectos de investigación a culturais e deportivos a través dunha canle "fácil" e "cómoda" para o usuario.

O obxectivo: "conectar coa sociedade e manter o vínculo daqueles que pasaron pola universidade", insistiu López, xunto a outras grandes liñas de preservación, xeración e transmisión de coñecemento: fomentar a súa transferencia cara á cidadanía; e darlle un púo á actividade investigadora.

ABRIR "UNHA PORTA" AO MUNDO
Desde a USC son conscientes de que o rendemento desta plataforma estará "moi condicionado" tanto pola cultura como polo marco legal, factores moi diferentes a outros territorios onde o micromecenado goza de gran popularidade e éxito, como Estados Unidos. A pesar diso, López cre que é o momento de "estimular esa conexión" coa sociedade e xerar "unha porta" ao mundo.

Unha das motivacións do apoio a esta iniciativa radica nas deducións fiscais. Segundo explicou a institución académica, no caso das persoas físicas, a combinación da dedución estatal e a autonómica (cando se cumpran todos o requisitos) podería elevar a dedución no IRPF até o 100% das cantidades doadas.

No caso de suxeitos pasivos do Imposto sobre Sociedades, terán dereito a deducir da cota íntegra, minorada nas deducións e bonificacións previstas na Lei 43/1995 do citado imposto.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS