Hemeroteca web | RSS  RSS     Luns 19.02.2018 Actualizado 18:06
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Varios trens entre Madrid e Galicia sofren atrasos polo frío e a neve

SANTIAGO. EP  | 06.02.2018 
A- A+

O temporal de frío e neve que afecta á Península Ibérica está a provocar diversos atrasos e incidencias na rede ferroviaria e afectando a varios traxectos procedentes ou con destino a Galicia.

Os afectados son tres Alvia nos que viaxan un total de 409 pasaxeiros. Dous deles, procedentes de Madrid e con destino a Ferrol e Vigo, víronse obrigados a deter a marcha antes de chegar ao cambiador de Zamora para desconxelar os eixos do tren.

O Alvia 4275 con saída de Madrid e destino Vigo acumula 81 minutos de atraso, e leva a 117 viaxeiros a bordo. Doutra banda, o Alvia 4095 con destino Ferrol acumula máis de media hora de atraso e leva a 137 viaxeiros.

O terceiro tren afectado, o Alvia 4064 con saída de Ferrol e destino Madrid, tamén circula cuns 35 minutos de demora, segundo os datos facilitados por Renfe.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS