Hemeroteca web
|
RSS
Venres 24.05.2013
| Actualizado 12.57
Vázquez Abad erixe a Rosalía de Castro en "símbolo de Galicia" no 127 aniversario do seu falecemento

O conselleiro Jesús Vázquez no acto de conmemoración do 127 aniversario da morte de Rosalía - FOTO: Xoanma Porto
SANTIAGO. EP | 15.07.2012
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez erixiu á escritora Rosalía de Castro en "símbolo de Galicia" no acto de conmemoración do 127 aniversario do seu falecemento, celebrado na casa da Matanza, en Padrón.
Na súa intervención, o titular de Cultura asegurou que a figura de Rosalía destaca por "a súa personalidade e pola súa obra" que, como indicou, "transciende máis aló das fronteiras" de galegas e "engrandece Galicia" ao "universalizarla".
"Por todo o que representa Rosalía de Castro, polo que significa, a nosa obrigación é continuar difundindo a súa obra literaria en galego e en castelán, especialmente a súa poesía, tan valorada universalmente, e manter o seu espírito vivo nesta casa da Matanza onde morreu o 15 de xullo de 1885", afirmou.
No acto tamén participaron os secretarios xerais de Cultura e Política Lingüística, Anxo Lorenzo e Valentín García, respectivamente, así como o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira.
Por último, a Xunta lembrou que Alberto Núñez Feijóo trasladoulle esta mesma semana ao presidente da Fundación o propósito do Goberno galego de seguir colaborando cos proxectos e iniciativas da institución que leva o nome dunha das autoras máis relevantes da historia de Galicia.
© 2013 www.galiciahoxe.com
Todos os dereitos reservados. Prohibida a
reprodución total ou parcial do contido sen a
expresa autorización do propietario.