Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Venres 28.11.2014  | Actualizado 14.16

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS
  • Imprimir
  • Enviar por correo

Veciños de Valdoviño ameazan con abrir unha canle na lagoa da Frouxeira

Denuncian que a subida da lagoa alaga as súas casas

FERROL. EP  | 24.12.2011 
A- A+

Unha vintena de veciños de Valdoviño (A Coruña) ameazaron con abrir unha canle para baleirar a lagoa da Frouxeira en Valdoviño ante a falta de solucións do Concello e da Xunta de Galicia á situación na que se atopan as súas vivendas, ás que case non poden acceder, pola subida do nivel da auga.

Os veciños iniciaron un peche este venres na casa consistorial de Valdoviño. Ante a falta dunha solución que evite que as súas casas se alaguen, protestaron este sábado ante a lagoa con pas e cunha pancarta na que se lía a frase "non somos patos, solucións xa".

A crecida do nivel de auga da lagoa provocou que se desborde e que chegue até as vivendas próximas, ás que os veciños só poden acceder a pé, coa auga chegándolles até a cintura. Denunciaron que unha estación de augas residuais está a piques de desbordarse e que se están quedando sen subministracións de gas, co que nuns días non terán auga quente, xa que os camións non se poden achegar.

"Xa non é só que unha vivenda se alague, é que a xente está a ter que saltar muros con nenos de catro e cinco anos ao ombreiro", explicou Juan González, un dos afectados.

A auga comezou a alagar a zona do paseo que pasa por diante das vivendas hai unha semana, pero a situación agravouse nas últimas horas. Os afectados temen que o nivel de auga aínda poida subir un metro máis e que acabe por alagar completamente as casas.

A lagoa está protexida polo seu valor medio ambiental. O colectivo ecoloxista Adega lembrou que o baleirado que se realizou hai dous anos deixou a lagoa practicamente seca e o seu posterior enchido, natural, con auga de mar, provocou erosión das barreiras dunares.

CRÍTICAS DO PSOE
O portavoz do PSOE en Valdoviño, Alberto González, resaltou que en maio de 2010 aprobouse unha proposición non de lei no Parlamento de Galicia na que se recollía a necesidade de buscar mecanismos de actual na lagoa e a realización dun estudo concreto sobre como actuar neste espazo protexido. Entre tanto, con carácter cautelar, prohibíanse novas aperturas.

Con todo, lamenta que o estudo sostén que "hai que dar unha solución ás familias e hai que facilitar accesibilidade a vivendas nas que residen nenos e anciáns". "Non sabemos cal é a solución, pero non se pode deixar ás persoas nesta situación e que ninguén da Xunta explique nada", reprochou.

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS