Hemeroteca web
|
RSS
Martes 22.05.2012
| Actualizado 12.06
José Ignacio Wert, o novo ministro de educación, non quere pasar por menos, quizáis xa para entrar no Guinness dos récords en reformas educativas.
Aínda que non presenta unha lei nova, na practica, estamos diante de cambios substanciais que afectarán de maneira profunda a todo o sistema. Non quero agora analizar as reformas anunciadas polo ministro na Comisión de Educación do Congreso dos Deputados. Tempo haberá. Limitareime a facer algunhas reflexións sobre a decisión de suprimir a materia de Educación para a Cidadanía e os Dereitos Humanos. Por certo, por que esquecemos esta segunda parte da denominación da materia tantas veces?, só por economía da linguaxe?. Agora teremos unha denominada Educación Cívica e Constitucional. Si fose só unha cuestión terminolóxica, pouco problema habería... aínda que eu, persoalmente, gusto máis de Cidadanía e Dereitos Humanos que de Cívica e Constitucional, para qué enganarnos.
A idea dunha materia como a anunciada, Educación Cívica e Constitucional, neutra, aséptica, despoxada de controversias, non é nova. Trátase, en definitiva, de retirar o que os centros concertados relixiosos xa adaptaran ó seu propio ideario, como fixo a FERE, é dicir, modelos familiares, pluralidade social, diversidade, dereitos das mulleres, igualdade, minorías, dereitos humanos, maneiras de vivir, e todo aquilo relacionado coas relacións interpersoais, a sexualidade, os anticonceptivos, aborto, e demais asuntos da entreperna, que tanto preocupan a algúns. Pero non era necesario mentir ou sacar un libro, que non é de texto, para xustificarse. Soa a burda manipulación interesada.
Á espera de coñecer con exactitude os temas concretos, polo avanzado, os novos contidos serían asuntos xa abordados nas materias de sociedade, sobre todo, historia europea e valores constitucionais. Como anunciou o propio ministro, lonxe de calquera tentación de adoutrinamento ideolóxico, faltaría máis...
A Conferencia Episcopal, a principal opositora á Educación para a Cidadanía e os Dereitos Humanos, xunto cos sectores máis "ultracentristas", o TDT Party, apresuráronse a aplaudir a decisión. Os mesmos que adoutrinan a diario, dentro e fora da escola, concertada ou non, os que añoran a imposición dos seus propios valores morais privados a todos -qué tufo a nacionalcatolicismo-, os que promoveron unha auténtica cruzada mediática e mobilizadora contra Cidadanía, os obxectores, aqueles que predicaron mesmo a desobediencia civil, están hoxe de parabéns. As súas teses e o seu apoio vese agora ben recompensado. Todos ós pés das sotanas de Rouco...outra vez, as cousas ó seu rego, como Dios manda...
Veñen tempos escuros.

Adeus, Festa do Gaiteiro. Por Xosé M. Rivas Troitiño
Logo do Día ( e para o que nos veña…). Por David Otero
Tregua na ofensiva central contra as autonomías. Por Xosé A. Gaciño
Unha de xigantes, pinochos e safaris. Por Alba López Sánchez
Letras Galegas: Valentín Paz Andrade. Por Manuel Dourado Deira
Réquiem polo xornal de Galicia (E EPÍLOGO ESPERANZADO) Por Jorge M. de la Calle
TERRA... Por Xosé M. Lobato Martínez
A maldición da eternidade. Por Antonio Gutiérrez
Fiz Vergara Vilariño merece o Día das Letras Galegas. Por Xosé Lois García
Clamor estudantil contra os recortes. Por Xabier Pérez Igrexas
Fala alén do verbal. Por Isidro Novo
As memorias dun neno da aldea. Por Pablo Vaamonde
As xeografías do mar e dos seus fillos. Por Xavier Castro Rodríguez
Non hai volta ao pasado. Por Manuel Mera
Haberá un boom enolóxico? Por Joaquim Ventura
A viaxe do elefante. Por Diana Varela Puñal
Novo Terras de Santiago, ¿e nova política lingüística? Por M. de Bran
Natura e realeza. Por Francisco B. González Tenreiro
Conde Roa e Núñez Feijoo. Por Elías Pérez Sánchez
Querida primavera… Por Ruth Fernández
Metáfora e praxe (I). Por Manuel Vidal Villaverde
Bicentenario da Constitución de Cádiz: actitudes opostas de dous cregos da Costa da Morte en 1812. Por Xosé María Lema Suárez
Política lingüística (2). Por Xosé Ramón López Boullón
Órdago nacionalista. Por Abel Veiga Copo
Apostatar, ¿dereito ou penitencia? Por Ángel Amaro Quintas
Outra crise no BNG. Por Manuel Miragaia Doldán