Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 15.11.2018 Actualizado 14:21
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

O vento alcanza o 146 km/h en Viveiro e a choiva chega a 100 litros por metro cadrado

SANTIAGO. EP  | 07.11.2018 
A- A+

O temporal de vento e choiva que mantén a boa parte de Galicia en alerta laranxa deixou este martes ventos por encima dos 100 quilómetros por hora en distintas localidades galegas e choivas que rozaron (e superaron nalgún caso) os 100 litros por metro cadrado.

En canto ao vento, o refacho máis forte rexistrouse na estación de Penedo do Galo, en Viveiro (Lugo), onde se mediron 145,9 quilómetros por hora. Na veciña Cedeira, neste caso na Coruña, os ventos superaron os 132 quilómetros por hora.

Así, os ventos fortes foron unha constante na tarde deste martes. Por exemplo, na provincia da Coruña --a máis afectada-- chegouse aos 120 quilómetros por hora en Vimianzo, aos 109,7 en Lira e aos 111 en Lousame.

En Santa Comba superáronse tamén os ventos de 100 quilómetros por hora, así como en Cariño, onde Meteogalicia rexistrou refachos de 105.

Pola súa banda, na provincia de Pontevedra, Cabo Udra rexistrou os refachos máis fortes, con 119 quilómetros por hora, mentres que, en Lugo, Burela rozou os 117 quilómetros por hora e, xa no interior, A Pontenova alcanzou os 114. En interior ourensán tamén rexistrou ventos fortes en zonas altas, como en Carballeda de Valdeorras, onde os sensores detectaron ventos de case 120 quilómetros por hora.

CHOIVAS
No capítulo das choivas, foron especialmente intensas no litoral da Costa da Morte e a contorna de Santiago de Compostela. De feito, a estación de Santa Comba (A Coruña) rexistrou máis de 106 litros por metro cadrado e a veciña de Val do Dubra preto de 97.

Do mesmo xeito, en Lousame caeron máis de 98 litros por metro cadrado, en Zas preto de 96 litros e en Rois máis de 75 litros por metro cadrado.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS