Hemeroteca web | RSS  RSS     Domingo 26.04.2020 Actualizado 00:00
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

O vento chega aos 113,7 quilómetros por hora en Lousame

Desviado cara a Vigo un voo con destino Santiago por fortes ventos

SANTIAGO. EP  | 20.01.2020 
A- A+

O vento alcanzou os 113,7 quilómetros por hora no municipio de Lousame (A Coruña), no monte Muralla, ás 18,00 horas deste luns de alerta laranxa por fortes ventos. Segundo información de Meteogalicia, o vento pasou dos 100 quilómetros por hora noutros tres municipios nesta xornada: Cedeira (113 qms/h), Cuntis (105,4 qms/h) e Malpica de Bergantiños (101,3 qms/h). Pola súa banda, outros municipios como Viveiro, Portomarín ou Santiago rexistraron refachos de vento de nordés próximos aos 100 quilómetros por hora.

Todo iso, nunha xornada na que a sensación térmica estivo "moi por baixo" do que marcan os termómetros, segundo explica Meteogalicia. A modo de exemplo, aínda que a mínima en Cervantes (Lugo) tivo unha temperatura de -1 graos a sensación térmica foi de -9 graos. Pola súa banda, as provincias da Coruña e Lugo, así como boa parte das de Ourense e Pontevedra, estarán na xornada do martes en aviso amarelo por fortes ventos de máis de 80 quilómetros por hora.

Desviado cara a Vigo un voo con destino Santiago por fortes ventos

Un voo cuxo destino era o aeroporto compostelán de Lavacolla foi desviado este luns á terminal de Vigo debido a fortes ventos. Segundo detallaron fontes de Aena a Europa Press, trátase do voo 2654 de Vueling, que operaba unha conexión entre Málaga e a capital galega. En concreto, a aterraxe estaba prevista ás 13,20 horas en Lavacolla, pero os fortes refachos de vento provocaron que, a pesar de que a aeronave se desviase a Peinador, a súa chegada se atrasase até as 13,34 horas.

Mentres, o xoves pasado, o temporal provocou que fose un voo Madrid-Vigo de Iberia o que tivo que aterrar no aeroporto de Santiago de Compostela debido ao temporal rexistrado.

 

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS