Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 14.11.2019 Actualizado 14:45
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

O vento supera os 130 quilómetros por hora en Viveiro (Lugo) nunha xornada con aviso por choivas

SANTIAGO. EP  | 16.10.2019 
A- A+

O vento superou os 130 quilómetros por hora na madrugada deste mércores no municipio de Viveiro (Lugo) nunha xornada na que hai avisos por ventos fortes e acumulación de choivas.

Segundo os rexistros publicados por Meteogalicia até as 10,00 horas, recollidos por Europa Press, os refachos máximos de vento corresponderon a localidades con altitude menor de 900 metros como Viveiro, con 130,6 quilómetros por hora; 114,7 en Cedeira (A Coruña), Burela (Lugo), 106,4; e Cuntis (Pontevedra), con 96,8 km/h.

En canto a localidades con altitude maior a 900 metros, o vento non superou os 100 quilómetros por hora, con refachos de 93,5 quilómetros por hora en Carballeda de Valdeorras (Ourense) e 76 km/h en Manzaneda.

Pola súa banda, as choivas, que teñen activado o aviso amarelo por acumulación de precipitacións superiores aos 40 litros por metro cadrado en doce horas., deixaron até as 10,00 horas deste mércores 50,4 litros por metro cadrado en Zas (A Coruña).

Mentres, as choivas acumularon 49,4 litros por metro cadrado en Santa Comba, 42,8 litros no concello coruñés de Vimianzo, 34,8 en Val do Dubra e 34,7 litros por metro cadrado en Lousame, todas elas localidades da provincia coruñesa.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS