Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 17.10.2019 Actualizado 14:56
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

este venres

Vigo acollerá a primeira proxección de 'A Cicatriz Branca', a nova película de Margarida Ledo

VIGO. EP  | 30.08.2013 
A- A+

A cineasta galega Margarida Ledo presentará este venres, 30 de agosto, na cidade de Vigo a súa nova película 'A Cicatriz Branca', nun pase que terá lugar nos Cines Norte ás 20.30 horas.

Eva Veiga, Xabier Deive, Liño Braxe e Tamar Novas, entre outros, forman parte do elenco dunha película coa que Ledo Andión trata a temática das mulleres que emigraron soas na primeira metade do século XX.

Nesta ocasión faino a través das vivencias de Merce, interpretada por a poeta Eva Veiga, que está destinada a servir nunha casa acomodada en Bos Aires e, tras perder aos poucos días o seu traballo, a protagonista pasa tres días na Estación Constitución onde á súa vida se entrelaza coa doutras emigrantes.

A película vén a culminar un traballo de investigación iniciado co documental 'Apuntamentos para un filme', onde se recollen diversos testemuños de mulleres emigrantes que serviron de inspiración para os personaxes da película.

O filme foi rodado en Galicia e Arxentina e conta entre as súas localizacións lugares como o Psiquiátrico de Castro, en Terrachá, o Hospital do Centro Galego de Bos Aires ou a propia Estación Constitución onde tiveron lugar escenas semellantes ás que conta o filme, segundo informa a organización.

Declarada de interese cultural polo Ministerio de Cultura, 'A Cicatriz Branca', contou co apoio de diferentes institucións como a Agadic e de servizos de Igualdade tales como os do Concello de Vigo, Deputación de Lugo, Concello da Coruña ou do Instituto da Muller.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS