Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 17.10.2019 Actualizado 14:56
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Villares acusa a Feijóo de comezar a precampaña das xerais co Debate sobre a Autonomía

Apunta que o líder popular "non perde a ocasión de utilizar as institucións do autogoberno" con fins "partidarios"

O portavoz de En Marea e do Grupo Mixto no Parlamento de Galicia, Luís Villares - FOTO: EN MAREA - Archivo
O portavoz de En Marea e do Grupo Mixto no Parlamento de Galicia, Luís Villares - FOTO: EN MAREA - Archivo

SANTIAGO. EP  | 14.09.2019 
A- A+

O portavoz de En Marea e do Grupo Mixto no Parlamento de Galicia, Luís Villares, acusou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, de pretender utilizar o Debate do Estado da Autonomía "para comezar a precampaña electoral" dunha eventual repetición das eleccións xerais o próximo 10 de novembro.

Así o fixo Villares, en declaracións aos medios, na mesma xornada na que o Goberno galego solicitaba á Cámara que concrete neste mes de setembro o debate anual de política xeral. O pasado ano, celebrouse os días 9, 10 e 11 de outubro.

Para o portavoz do Grupo Mixto, este adianto implica que Feijóo "non perde a ocasión de utilizar as institucións do autogoberno" con fins "partidarios", xa que podería coincidir coa disolución das Cortes xerais de non saír adiante a investidura de Pedro Sánchez.

"Vaise utilizar un debate, que tería que servir para falar da situación política do noso país, seguramente para comezar a precampaña electoral até o 10 de novembro co pistoletazo de saída que dá o propio Núñez Feijóo con este adianto", afeou o tamén líder de En Marea.

E é que, a falta de que a Mesa do Parlamento e a Xunta de Portavoces fixen este martes as datas concretas do último Debate do Estado da Autonomía desta lexislatura, a previsión é que se celebre na semana do 23, a última do mes.

 

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS