Hemeroteca web | RSS  RSS     Mércores 22.11.2017 Actualizado 19:21
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Villares esixe que a Xunta force a renuncia do alcalde de Palas, condenado por prevaricación e acoso laboral

Advirte que, aínda que se deu de baixa do partido, "o PP sigue apoiándose nel para gobernar" a localidade lucense

LUGO. EP  | 13.11.2017 
A- A+

O portavoz de En Marea, Luís Villares, anunciou que o seu grupo presentará unha iniciativa no Parlamento de Galicia para forzar á Xunta a que "inste" o alcalde de Palas de Rei (Lugo), Pablo Taboada, a que "deixe o seu posto".

A Audiencia Provincial de Lugo condenou varios meses atrás a Taboada, quen se deu de baixa de militancia no PP, a nove anos de inhabilitación por un delito de prevaricación e outro quince meses de prisión por un delito de acoso laboral á secretaria municipal.

Luís Villares apelou a que "a Lei Orgánica de Réxime Electoral Xeral (Loreg) prevé que aos condenados, entre outros delitos por prevaricación, impónselles unha pena de inhabilitación de cargo público a partir do momento en que se dita sentenza aínda que esta non sexa firme".

"Este señor (polo alcalde) debería de deixar o cargo de forma inmediata, unha vez que recibiu a resolución aínda que teña a intención de recorrela ante o Supremo. Isto non quita que a teña que cumprir desde este preciso momento", esgrimiu.

Do mesmo xeito, subliñou que "a Dirección Xeral de Administración Local ten competencias en materia de cumprimento da lei de Administración Local de Galicia".

Por iso, reafirmouse en que o alcalde de Palas "non pode seguir ocupando este posto e a Xunta de Galicia ten que instar de forma inmediata a que o deixe".

"O PP SIGUE APOIÁNDOSE NEL"

"Sabemos que a Xunta ten dificultades para facer cumprir isto, porque Taboada pertence ao PP. Deixou o partido cando foi ao xuízo pero o PP sigue apoiándose nel para gobernar Palas de Rei", subliñou, en alusión a que segue contando co respaldo de cinco concelleiros do Partido Popular e o seu compañeiro e exalcalde Fernando Pensado, que tamén foi condenado pola mesma cuestión.

Finalmente, esgrime que "unha persoa condenada por prevaricación e acoso laboral non pode seguir gobernando". "Os veciños de Palas de Rei non merecen un alcalde como o que teñen, non obstante o PP ten interese en que siga porque é dos seus, nin máis nin menos", incidiu.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS