Hemeroteca web | RSS  RSS     Luns 19.02.2018 Actualizado 18:06
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Será presentado por Alba Nogueira

Villares participará a próxima semana nos almorzos do Fórum Europa

SANTIAGO. EP  | 08.02.2018 
A- A+

O portavoz de En Marea, Luís Villares, participará o xoves 15 de febreiro nos almorzos organizados por Fórum Europa en Santiago de Compostela, cita na que será presentado pola profesora de Dereito Administrativo da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e exmilitante do BNG, Alba Nogueira.

Luís Villares será o terceiro portavoz parlamentario en participar nestes almorzos, despois de que nas últimas semanas o fixesen o popular Pedro Puy e a nacionalista Ana Pontón. Ademais, proximamente está previsto que participe nesta cita o portavoz do PSdeG na Cámara galega, Xoaquín Fernández Leiceaga.

Na súa comparecencia, Luís Villares estará acompañado pola que fora unha destacada militante do Bloque Nacionalista Galego Alba Nogueira e que, desde a súa baixa da formación frontista que liderou o seu marido, Xavier Vence, participa en En Marea.

En concreto, ademais de en plenarios da formación rupturista, a tamén filla do histórico nacionalista Camilo Nogueira asistiu a asembleas do espazo Foro Galego, que lidera o alcalde de Vimianzo e tamén exmilitante do BNG Manuel Antelo.

A maiores das inquietudes políticas, a profesora de Dereito Administrativo e o maxistrado en excedencia compartiron iniciativas no ámbito xurídico. Así, por exemplo, no marco da 'Rede de investigación en igualdade, dereitos e Estado social', Armela, da que Nogueira é investigadora principal, publicaron traballos conxuntos como 'Crises, dereitos sociais e igualdade', no que tamén participou o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, ou a edil de Compostela Aberta, Marta Lois.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS