Hemeroteca web | RSS  RSS     Venres 20.10.2017 Actualizado 13:07
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Villoslada avoga por un debate entre os precandidatos á secretaría xeral do PSdeG

SANTIAGO. EP  | 10.08.2017 
A- A+

O aspirante á secretaría xeral do PSdeG, Juan Manuel Díaz Villoslada, avogou este venres pola celebración dun debate entre o tres "precandidatos" a liderar aos socialistas galegos, tanto el como Leiceaga e Caballero.

Villoslada tiña previsto manter este xoves pola tarde un encontro con militantes da zona sur da provincia de Lugo, en concreto en Chantada e Monforte.

"Eu creo que o debate é o punto de encontro de todos, o punto de analizar precisamente coincidencias e diferenzas. Eu creo que o debate é absolutamente necesario, non só coa militancia, senón entre os que neste momento estamos en fase de precandidatos", recalcou.
Villoslada non dubida que ese debate a tres "vai enriquecer, precisamente, este proceso de primarias".

O parlamentario socialista afánase en deixar claro que con este proceso "non se trata de etiquetar a ninguén". "Hai que superar esa dialéctica. Ninguén pode patrimonializar o que son os resultados doutros ámbitos electorais ou da vitoria de Pedro Sánchez porque foron moitos os militante que fixeron esa aposta", concede.

El mesmo di que "non" se vai a "etiquetar" logo que algún medio o vinculase ao ex secretario xeral do PSdeG-PSOE, a José Ramón Gómez Besteiro.

Sen entrar nesa cuestión, si que recoñece que fixo "un apoio clarísimo, no seu momento, polo movemento de renovación tan forte que supón o liderado de Pedro Sánchez".

"Pero eu non quero, nin podo porme outra etiqueta máis aló das que me queiran pór os compañeiros e compañeiras que militan no partido porque son os auténticos destinatarios deste proceso de democracia interno. Aquí quen etiqueta son os militantes", sentenza.

Dos encontros coa militancia, recoñeceu que hoxe os inicia en "a provincia de Lugo" nunha carreira "de medio-fondo" na que quere "escoitar moitísimo aos militantes".

"Eu a mensaxe que quero transmitir é de absoluta renovación na necesidade de construír unha nova páxina na historia do partido socialista en Galicia, despois da nova páxina que se está abrindo no PSOE e unha máxima apertura do partido á sociedade", di que son as súas cartas de presentación.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS