Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 14.12.2017 Actualizado 20:02
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Villoslada: "Non creo nos compañeiros que adquiren notoriedade pública por falar mal do partido"

SANTIAGO. EP  | 11.08.2017 
A- A+

O deputado e precandidato á Secretaría Xeral do PSdeG Juan Díaz Villoslada fixo un chamamento a que tras as primarias "a lealdade ao partido cobre protagonismo" porque é a forma de que as "ideas" dos socialistas "cheguen con claridade e sen interferencias á cidadanía".

"Non creo nos compañeiros que adquiren notoriedade pública por falar mal do partido", expresou Villoslada durante unha visita este venres ás agrupacións dos municipios pontevedreses de Cangas, Moaña e Marín.

Segundo recolle un comunicado emitido polo seu equipo, o precandidato a liderar o PSdeG aclarou que é "partidario" de que "a militancia e os cargos expresen a súa opinión de forma accesible e clara", aínda que matizou que isto non pode derivar "nunha constante que supón un ataque ao partido".

Nesta liña, indicou que o seu proxecto para o socialismo galego pasa por reforzar "a lealdade interna": "un principio fundamental en calquera organización moitas veces esquecido".

INTEGRAR "SENSIBILIDADES"

A continuación, afirmou que é preciso conxugar "lealdade" con "integración" para que na nova etapa do PSdeG os militantes configuren un proxecto no que estean presentes "todas as sensibilidades do partido".

"Non podemos deixar a ninguén fóra, nin construír un proxecto cunha parte do partido pór# a mal", incidiu, antes de indicar que lle irá "mal" ao PSdeG se "cando teñamos novo secretario xeral" xa se está empezando "unha nova guerra interna".

"Debemos corrixir a quen divide, pero debemos facer todo o posible para integrar a todas as partes do partido. [...] Mal empezamos con inimigos internos declarados de antemán", apuntou.

Por último, mostrou o seu compromiso a, se chega á Secretaría Xeral dos socialistas galegos, "aproveitar o valor das persoas" polo que "poden ser capaces de achegar" e "non só pola quen apoian ou pola quen confrontan".

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS