Hemeroteca web | RSS  RSS     Venres 20.07.2018 Actualizado 11:15
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Comisión de investigación do accidente de Angrois

Vítimas denuncian no Congreso as responsabilidades políticas após as "mentiras" e "présas e presións"

Tachan de "infantil" o argumento do PP de aludir á complexidade do caso para non depuralas // Cren que Ana Pastor "non pode ser o terceiro cargo do Estado" e acusan ao PP de "mesturar" esta esfera coa xudicial

Jesús Domínguez, portavoz de vítimas de Angrois, no Congreso
 - FOTO: CAPTURA
Jesús Domínguez, portavoz de vítimas de Angrois, no Congreso - FOTO: CAPTURA

MADRID/SANTIAGO. EP  | 10.07.2018 
A- A+

As vítimas do accidente de Angrois denunciaron na comisión de investigación do accidente no Congreso que as "mentiras" e tamén as "présas e presións" na posta en marcha da liña na que se produciu o sinistro teñen após de si a responsables políticos.

Cinco anos despois do descarrilamento dun tren Alvia o 24 de xullo de 2013, que se cobrou 80 vidas e deixou a 144 persoas feridas, a comisión arrincou este martes coas comparecencias do presidente da plataforma de vítimas, Jesús Domínguez, e a vogal da asociación Cristina Liras.

No seu discurso, Domínguez sinalou que a comisión parlamentaria debe servir para establecer responsabilidades políticas e separounas do curso do caso no xulgado de instrución número 3 de Santiago, que mantén a sete investigados: o maquinista, dous altos cargos de Adif, un de Renfe e tres técnicos de Ineco.

Para este portavoz das vítimas, que cargou contra a "verdade oficial" que sinala unicamente a responsabilidade do maquinista, a traxedia de Angrois, "evitable", produciuse por unha "concatenación de erros" entre "présas e presións", así como algunha "chapuza".

Como mostra, sinalou que se puxo en marcha a liña sen que unha entidade independente realizase unha análise de riscos da curva da Grandeira, como tampouco se avaliou, dixo, a desconexión do sistema de seguridade embarcado, nin se atendeu ao aviso dun xefe de maquinistas sobre o perigo dese tramo.

É por estes extremos polos que o xuíz mantén imputados a tres altos cargos das empresas públicas Adif e Renfe e a tres traballadores da consultora, tamén pública, Ineco.

Na súa intervención, puxo o acento na falta de "depuración de responsabilidades", xa que entende que os responsables políticos enganaron á sociedade.

En especial, criticou que o Ministerio de Fomento tratase de trasladar após o sinistro que a liña non era de alta velocidade, cando con anterioridade a inaugurou como tal e asegurou que tiña activos todos os sistemas de seguridade.

"NINGUÉN DIMITIU"
"Ninguén colaborou, nin ninguén dimitiu. Esa é a responsabilidade política. No canto de asumila logo tivémoslles de presidenta do Congreso, de ministro de Xustiza ou de eurodeputado", sinalou, en referencia á entón ministra de Fomento, Ana Pastor, ao entón secretario de Estado Rafael Catalá, e ao extitular do ministerio José Blanco.

Segundo o presidente da plataforma de vítimas, premiouse "" aos responsables da xestión do accidente. Neste sentido, en resposta ao portavoz do PP na comisión, Celso Delgado, sinalou que as vítimas non confunden esta crítica co transcorrer da causa nos tribunais.

O parlamentario popular rexeitou facerlle preguntas a Domínguez e fixo unha intervención na que pediu que o traballo da comisión debe ser "obxectivo" e buscar un ditame de "consenso e serio". "Non queremos un traballo trivial, non é un asunto fácil, é de gran complexidade", sinalou Delgado.

Ante esto, Domínguez tachou de "infantil" o argumento do PP de aludir á complexidade para non depurar responsabilidades e reprobou que a instrución xudicial fíxose "máis complexa", precisamente, polos cambios de xuíces e a designación de peritos, dos que responsabilizou ao Estado.

CRÍTICAS A FEIJÓO
Pola súa banda, Cristina Liras, que perdeu ao seu fillo no sinistro, preguntou aos deputados se "saben o que é perder un fillo por unha neglixencia que se podía e que se debía evitar". "Espero que non tivesen ou teñan que pasar por esta experiencia, que é a peor pola que pode pasar unha nai ou un pai", espetoulles.

Liras, ante a pregunta da deputada de En Marea Alexandra Fernández sobre o trato recibido polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoó, denunciou as "patadas" que deu ás vítimas e detívose na "hipocrisía" e "pamema", que ao seu xuízo foi a entrega das medallas de ouro de Galicia en 2014, mentres se producía unha protesta nos arredores da Cidade da Cultura de Compostela.

"Fóra había pais e moitos policías freando que lle dixésemos as verdades", lembrou a vogal da asociación de vítimas sobre esa xornada na que só oito afectados aceptaron recoller as medallas.

"Os máis afectados non acudiron, os que máis sufriron non as querían e escribiuse neste sentido a Feijóo", engadiu. Nese sentido, Liras lamentou o que considera "patadas" do presidente da Xunta ás vítimas e criticou a súa "intromisión" no nomeamento de peritos dependentes da Xunta na causa xudicial.

Ante esto, o portavoz do PP na comisión negou que esta entrega fose un "paripé". "Podo entender que non lles gustase, é admisible, pero non houbo interese de ensañamiento senón de trasladar a dor dunha horrorosa traxedia", argumentou.

"A VERDADE, NOS TRIBUNAIS"
Así mesmo, o deputado do PP sinalou que a verdade sobre o accidente obterase nos tribunais, e remarcou que nos xulgados si "hai un rigor, un método e unha independencia" que entende que a comisión non está en condicións de poder ofrecer.

Na súa réplica, Domínguez tachou de "infantil" o argumento do PP. Xa en declaracións á saída da comisión, Domínguez sostivo que os datos contradin a versión da entón ministra Ana Pastor e cre que, ao demostrarse que mentiu sobre a investigación do accidente, deberá dimitir. "Non pode ser o terceiro cargo do Estado", argumentou o presidente da asociación.

Ao seu xuízo, é o PP o que está interesado en mesturar as esferas políticas e xudiciais. "Resulta curioso que o queira mesturar porque somos os primeiros que defenden que se separe", apuntou Domínguez.

Pola súa banda, a deputada de En Marea Alexandra Fernández criticou que o PP tentase, ao seu xuízo, "infantilizar" a comparecencia das vítimas e quixese "quitar o peso" que ten unha comisión de investigación.

Por iso Fernández pediu aos populares que cambien de actitude ante as novas comparecencias. "Aquí tamén se pode facer traballo político e arroxar luz sobre o que pasou", reiterou.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS