Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Xoves 31.07.2014  | Actualizado 18.33

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

O SAL DA TERRA

Volatilidade 2.0

JOAQUIM VENTURA  | 22.08.2011 
A- A+

2011 está a ser o ano do emprego das novas redes sociais como ferramenta de axitación política. Se as revoltas do norte de África foron consecuencia da mobilización dos manifestantes a través do facebook e do twitter, estas novas vías de comnicación tamén fixeron posible o fenómeno dos indignados (que, alén de noutros países, agromou en España tras o pasado 15 de maio) ou os conflictos en diversas cidades inglesas hai pouco.

A expansión das mensaxes en progresión xeométrica e saltando os límites da censura supoñen unha nova vía de comunicación, non cabe dúbida. Porén, o que non deixa de ser un instrumento utilitario, para moitas persoas (xa que logo mozos e mozas) constitúe unha fin en se mesma. Redes sociais, dun xeito ou doutro, houbo sempre. Os que xa temos certa idade non esquecemos aqueles envíos, relativamente masivos, de postais con rapaces e rapazas de diversos países aos que, con moita porbabilidade, nunca chegariamos a coñecer.

Hoxe, en troques, coa velocidade da informática e as viaxes aéreas de baixo custo, é habitual coñecer a alguén na rede e, se hai desexo mutuo, ter sexo con esa persoa na primeira fin de semana que se poida. O risco das novas redes sociais 2.0 é que as novas xeracións trabuquen o que non deixa de ser virtualidade por realidade. ¿Qué teñen en común os concentrados nun lugar tras unha convocatoria de indignados feita no Facebook? Pertencer a esta rede, ante todo.

Porén, unha vez no punto de concentración apenas hai vencellos reais entre eles. Non se coñecen, non saben nada dos outros nin probablemente saberán. E disolta a concentración non quedará ningunha estrutura estable ou común (de universidade, de barrio, de traballo, de afición).

Alén da contradición que supón que, agora que estamos sensibilizados na defensa da nosa intimidade (por exemplo fronte ao emprego de cámaras nas rúas), resulta que damos publicidade ás nosas actividades cotiás, desde as fotos das vacacións ata ás citas que tivemos, ás veces cun exercicio de exhibicionismo que nos deixe verdadeiramente espidos ante os demáis. Recentemente, unha coñecida escritora laiábase de que alguén lle furtara o seu perfil e con el as súas fotos dun ano. É o risco da vaidade. ¿Ou alguén cre que verdadeiramente son amigos esas ducias de agregados?

Estase a impor o superficial e mais o efímero e así non hai xeito de educar as verdadeiras ferramentas que dan sentido á vida: as emocións.

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS