Hemeroteca web | RSS  RSS     Venres 13.12.2019 Actualizado 21:21
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Vueling deixa de operar a conexión de Santiago con Roma a próxima primavera

SANTIAGO. EP  | 03.12.2019 
A- A+

A compañía Vueling deixará de operar a conexión de Santiago de Compostela co aeroporto romano de Fiumicino a partir da próxima primavera.

Así o confirmaron a Europa Press fontes da empresa, que explican que esta decisión se debe a "a situación económica do mercado europeo".

En concreto, remiten a explicacións dadas pola firma nos pasados meses respecto desta situación europea e a necesidade de efectuar "axustes", que neste caso afectan á terminal de Lavacolla.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS