Hemeroteca web | RSS  RSS     Mércores 11.12.2019 Actualizado 19:33
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Xan Xove toma posesión como novo deputado do Grupo Común da Esquerda

Os deputados do Grupo Común da Esquerda Manuel Lago, Xan Xove, Luca Chao e o exalcalde da Coruña Xulio Ferreiro
 - FOTO: EUROPA PRESS
Os deputados do Grupo Común da Esquerda Manuel Lago, Xan Xove, Luca Chao e o exalcalde da Coruña Xulio Ferreiro - FOTO: EUROPA PRESS

SANTIAGO. EP  | 10.09.2019 
A- A+

Xan Xove tomou este martes posesión como novo deputado pola provincia da Coruña do Grupo Común da Esquerda despois da marcha da que fora parlamentaria autonómica Flora Miranda.

Este militante da Marea Atlántica prometeu "por imperativo legal" acatar a Constitución e o Estatuto e comprometeuse cos principios de "xustiza social", "igualdade" e un "medio ambiente sustentable" nunha intervención na que o presidente da Cámara, Miguel Santalices, interrompeu as súas palabras para dar comezo á sesión plenaria.

Deste xeito, Xan Xove ocupa o escano que Miranda deixou con motivo da ruptura do que era Grupo Parlamentario de En Marea ao producirse a marcha do que era o seu portavoz, Luís Villares, e outro tres parlamentarios ao Grupo Mixto.

Previamente, en declaracións aos medios, Xove mostrouse ilusionado nesta nova etapa, na que espera "achegar" o seu "gran de area" para acabar coa "infame época de Feijóo" en "estes anos de PP que levaron a Galicia a unha ruela sen saída".

Ademais, avanzou que formará parte da Comisión de Pesca e que terá unha "sensibilidade especial" cos asuntos da Coruña dada a súa condición de militante da Marea Atlántica.

Precisamente, á súa toma de posesión asistiron varios militantes desta marea local, como o que fose alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS