Hemeroteca web | RSS  RSS     Domingo 26.04.2020 Actualizado 00:00
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

de Mark Wiersma e Miguel Mosquera

Xerais edita 'Sira e o robot', un libro-disco ambientado en 2050 nunha Galicia na que o inglés é lingua cooficial

SANTIAGO. EP  | 28.05.2015 
A- A+

A Editorial Xerais editou o libro-disco 'Sira e o robot. Adventures on Titan', unha obra ambientada no ano 2050 nunha Galicia na que o inglés foi declarado idioma cooficial xunto co galego e na que "os humanos se comportan como robots".

A peza, autoría de Mark Wiersma e Miguel Mosquera Fociños e ilustrada por Iván Sende, céntrase na historia de Sira, unha nena de 10 anos cunha forte personalidade e moi imaxinativa que non remata de atopar o seu lugar nesta moderna sociedade.

A nena protagonista ve un día o anuncio dun festival intergaláctico de canción que se vai celebrar en Titán, sexta lúa do planeta Saturno, e decide buscar o modo de viaxar alí para participar.

Ao estilo dos musicais, as cancións --editadas nun CD que acompaña á publicación-- intercálanse de xeito natural na narración, converténdoa nun libro para "ler e escoitar".

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS