Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Martes 22.05.2012  | Actualizado 12.06

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
[Noticia 1 de 1] Galicia  |  RSS - Galicia RSS

A xestión da auga, a debate dende este mércores no foro internacional que se celebra en Santiago

22.02.2012 

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

SANTIAGO. EP

A cidade de Santiago de Compostela acollerá esta semana a Conferencia sobre Xestión da Auga, 'Aqua'12', que este ano chega á súa oitava edición. Trátase da primeira vez que este importante foro internacional chega a Galicia, tras ter lugar en cidades como Madrid, Sevilla ou Bilbao.

As xornadas serán inauguradas este mércores polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e contarán cun relatorio plenario a cargo do conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, quen falará sobre os novos retos na xestión da auga.

As conferencias, que se desenvolverán en dúas salas de forma paralela, abordarán no seu programa xeral unha completa visión dos problemas cos que a administración téñense que encarar e as vantaxes ou inconvenientes dos actuais modelos de xestión e posibles melloras como a xestión supramunicipal.

Ao longo dos dous días previstos para o foro --mércores e xoves-- desenvolveranse, así mesmo, un total de dous programas especiais e cinco sesións monográficas.

O obxectivo deste foro pasa por ser un grande punto de encontro entre os distintos actores do sector: axentes privados, administracións públicas e outros vinculados á administración do recurso hídrico. En 'Aqua'12' participarán case 60 recoñecidos expertos de distintos ámbitos.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS