Hemeroteca web | RSS  RSS     Martes 15.08.2017 Actualizado 18:26
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

LITERATURA

Xosé Manuel Lobato viaxa en "Máxico tear natural" pola paisaxe galega máis íntima

O escritor de Lestedo (Boqueixón) recolle neste volume 23 estadías por paraxes como as fragas do Eume, Fisterra, Montefurado, Cortegada ou a Raia ourensá

SANTIAGO  | 01.11.2011 
A- A+

Máxico tear natural é o título da nova obra de Xosé Manuel Lobato. Nela recolle unha viaxe moi persoal por Galicia. Ao longo de 23 etapas, o autor transmítenos a súa experiencia íntima, directa e fonda coa paisaxe que o rodea: as fragas do Eume, Fisterra, Montefurado, Pambre, Cortegada, San Simón, a Raia ourensá ou o Pico Sacro son algunhas das 23 estadías.

Os bosques vizosos, os pobos dos emigrados, os cumios na brétema, os regueiros máxicos... Todos eles son interiorizados nunha prosa poética a través da que Xosé Manuel Lobato se mergulla en espazos místicos, ás veces caóticos, no lindeiro entre o real e a ficción.

"Máxico tear natural talvez recolle unha utopía —afirma o autor—, talvez o paraíso ideal, ou unha realidade descoñecida para unha gran maioría. O libro pretende sobrevoar o herdo patrimonial de Galicia nun feixe de textos que abrollan espontaneamente dende unha perspectiva de intensos contrastes".

O Autor

Xosé Manuel Lobato

XOSÉ MANUEL LOBATO MARTÍNEZ (Lestedo-Boqueixón, 1958): "Nacín, crieime e formeime no halo místico do ar que protexe o contorno do Pico Sagro". Manifesta que foi capturado por unha especie de magnetismo: o legado natural e intransferible que é Galicia. É autor dos libros Autoconcepto en hijos de emigrantes (2001), Diáspora.com (2002) e Cos pés na peneira (2005). En 2009 publicou Retorno a Natura (Alvarellos Editora)

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS