Hemeroteca web
|
RSS
Xoves 23.05.2013
| Actualizado 12.28
Tras ser atopada unha maleta co diñeiro que se buscaba
O xuíz deixa en liberdade ao fillo do exelectricista porque "non hai máis risco" de destruír probas

O fillo do electricista sae do cárcere - FOTO: RAMÓN ESCUREDO
SANTIAGO. EP | 10.07.2012
O titular do Xulgado de Instrución Número 2 de Santiago deixou en liberdade con cargos ao fillo do exelectricista da Catedral acusado do roubo do Códice Calixtino, recuperado o pasado mércores, ao considerar que "non hai máis risco" de destruír probas.
Así confirmárono a Europa Press fontes da investigación, que puntualizaron que unha vez que se atopou na madrugada deste luns a maleta cuns 600.000 euros, supostamente procedentes da Catedral que se buscaban, se cree que "non hai máis risco" e dado que o fillo está imputado unicamente por branqueo de capitais.
Pola súa banda, o xulgado estudará a situación da muller do autor confeso da subtracción, ambos os dous en prisión provisional dende o pasado venres, xa que, ademais de branqueo de capitais, se lle imputa delito contra a intimidade.
Deste modo, o xuíz estuda a posta en liberdade da muller tendo en conta se non corre risco a investigación", que segue aberta, despois das tres detencións practicadas o martes pasado e de ser recuperado o Códice Calixtino o mércores, e que o domingo foi devolto á Catedral.
Ao extraballador da basílica, que traballou durante 25 anos na Catedral, acúsaselle de branqueo de capitais, así como de roubo con forza continuado, furto e delitos contra a intimidade das persoas.
© 2013 www.galiciahoxe.com
Todos os dereitos reservados. Prohibida a
reprodución total ou parcial do contido sen a
expresa autorización do propietario.