Hemeroteca web | RSS  RSS     Martes 15.10.2019 Actualizado 14:34
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

O xuíz dita auto de extinción colectiva de contratos dos traballadores do estaleiro vigués Vulcano

VIGO. EP  | 09.10.2019 
A- A+

O xulgado do Mercantil número 3 de Pontevedra, con sede en Vigo, ditou este mércores auto no que determina a extinción colectiva de contratos dos traballadores de Vulcano (algo menos de 70 operarios), que serán indemnizados, tal e como establece a lexislación, con 20 días por ano traballado até un máximo dunha anualidade.

Segundo o auto, ao que tivo acceso Europa Press, o administrador concursal do estaleiro vigués solicitou a extinción colectiva de contratos o pasado 24 de xullo e o período de consultas finalizou sen que houbese acordo.

A ese respecto, os traballadores solicitaban que se lle aplicase ao cadro un Expediente de Regulación de Emprego temporal, á espera de que aparecese un investidor que puidese manter o emprego e a actividade industrial en Vulcano, que este ano cumpre 100 anos.

Con todo, no seu auto, o maxistrado expón que se cumpren os requisitos para determinar a extinción dos contratos: "Danse as circunstancias obxectivas económicas e de falta de produtividade para a admisión da solicitude de despedimento colectivo".

O xuíz tamén sinala que a aplicación dun ERE temporal é "inviable" pola "falta obxectiva de produtividade" e "a non existencia de expectativas reais de mantemento da actividade, por non concreción de oferta algunha".

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS