Hemeroteca web | RSS  RSS     Venres 25.05.2018 Actualizado 17:58
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

A Xunta achegará 8 millóns para axudar aos concellos a limpar as faixas contra o lume

O presidente da Fegamp informa de que Seaga se encargará dos traballos

SANTIAGO. EP  | 11.05.2018 
A- A+

A Xunta achegará oito millóns de euros para axudar aos concellos a limpar as franxas de seguridade contra o lume nas inmediacións de inmobles e vivendas.

Diso informou este xoves o presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Alfredo García, nunha entrevista na Radio Galega, na que valorou que "a Xunta por primeira vez vai pór diñeiro para rozar as parcelas" e este ano serán "probablemente oito millóns de euros".

Así mesmo, apuntou que Seaga, empresa pública da Xunta, encargarase destas tarefas para axudar aos municipios. García pon o foco sobre a imposibilidade de que os traballos de roza estean realizados antes do 31 de maio, tal e como marca a normativa, nos 30.000 núcleos de poboación cos que conta Galicia.

O convenio da Fegamp coa Xunta establecerá criterios para a limpeza destas franxas de seguridade en función do "perigo". "Hai datos suficientes para saber que aldeas son de nivel 1, de nivel grave, onde vai haber lumes si ou si, aí será onde haxa que limpar".

Noutra orde de cousas, avanzou que prevé que en dous meses estea pechado o pacto da auga coa Xunta, cun acordo para unificar tarifas e estándares de calidade nos municipios, así como para incrementar partidas destinadas ao saneamento de augas.

 

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS