Hemeroteca web | RSS  RSS     Venres 20.07.2018 Actualizado 11:15
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

A Xunta activa a alerta laranxa por temporal costeiro este martes en todo o litoral galego

SANTIAGO. EP  | 16.04.2018 
A- A+

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior activou a alerta laranxa por temporal costeiro a partir deste martes, día 17 de abril, en todo o litoral galego.

Diso informou a Vicepresidencia da Xunta nun comunicado, no que lembra que a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) indica que, a partir do mediodía do martes, haberá mar combinado de Oeste e Noroeste, con ondas de cinco a seis metros no litoral da Coruña.

A primeiras horas da tarde, a alerta laranxa activarase tamén na costa de Pontevedra e, xa na madrugada do día 18, chegará á Mariña lucense.

Ante estos fenómenos meteorolóxicos, a Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, é dicir, de diques, rompentes ou paseos marítimos. Tamén recomenda extremar as medidas de seguridade á hora de realizar calquera tipo de actividade no mar e que se revisen os cambos e amarres das embarcacións.

Así mesmo, lembra que os portos constitúen espazos de risco ante a alerta por fenómenos meteorolóxicos adversos e recomenda evitar paseos por preto deste tipo de instalacións.

A Xunta lembra que a páxina web do CIAE 112 Galicia (www.112galicia.org) conta con información meteorolóxica e ligazóns de interese.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS