Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 15.11.2018 Actualizado 14:21
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

A Xunta adapta a autorización ambiental de Ence en Pontevedra a parámetros de emisión "máis restritivos"

Nega que se trate dunha nova autorización, senón dunha actualización da mesma a condicións fixadas en 2014 pola Comisión Europea

Ence na ría de Pontevedra
 - FOTO: EUROPA PRESS - Archivo
Ence na ría de Pontevedra - FOTO: EUROPA PRESS - Archivo

PONTEVEDRA. EP  | 06.11.2018 
A- A+

A Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático publicou este luns no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución pola que se revisa a autorización ambiental integrada (AAI) da planta celulosa de Ence en Lourizán (Pontevedra) para adaptala a novos parámetros de emisións "máis restritivos" fixados en 2014 pola Comisión Europea.

Segundo precisan fontes da Consellería de Medio Ambiente a Europa Press, esta actuación, con data a 1 de outubro, "non" é unha "nova autorización ambiental, senón que se trata dunha revisión da AAI coa que xa contaba a fábrica desde o 30 de abril de 2008".

Así, o departamento que dirixe Ángeles Vázquez defende que "cumpre" coa "obriga" de revisar a autorización dentro do catro anos seguintes á publicación das novas condicións por parte da Comisión Europea. Ademais, a Consellería indica que esta adaptación se produce tras solicitar o correspondente informe de Augas de Galicia.

Con todo, a Xunta desliga este procedemento da concesión dos terreos nos que se empraza a factoría, "que é unha competencia exclusiva" do Estado.

E é que esta resolución se materializa meses despois de que o anterior Goberno central, liderado por Mariano Rajoy, decidise ampliar a concesión até o ano 2073.

PIDEN "REVISAR DE OFICIO" A PRÓRROGA
Precisamente este luns, o portavoz de En Marea, Luís Villares instou ao actual Executivo de Pedro Sánchez a que poña en marcha unha "revisión de oficio" da prórroga desta actividade na ría de Pontevedra.

O maxistrado lucense lembrou que o mecanismo de revisión de oficio pode empregarse cando existen "sospeitas fundadas" sobre se se produciu un "acto nulo de pleno dereito" nunha actuación e que, ao seu xuízo, así se dá no caso da prórroga a Ence nun momento de interinidade no Goberno de España.

"Ese mecanismo pode ser activado en calquera momento e aínda estamos en prazo. Queremos que se acaba canto antes coa especulación de Ence e a contaminación na ría", remarcou.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS