Hemeroteca web
|
RSS
Martes 21.05.2013
| Actualizado 17.42
A Xunta manifestou que "segue traballando cada día" para que Galicia "continúe percibindo" fondos europeos no próximo período 2014-2020. De feito, a próxima semana, o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, reunirase en Bruxelas coa presidenta da Comisión de Desenvolvemento Rexional do Parlamento Europeo, Danuta Hübner, para camiñar cara a este obxectivo.
Nun comunicado, destacou que a proposta galega de establecer unha rede de seguridade para aquelas rexións que, como Galicia, abandonen a obxectivo converxencia, foi recollida no seu ditame pola Comisión Europea e 15 dos 27 países da Unión apoian esta proposta, mentres que hai tan só oito en contra.
Así mesmo, lembrou que a proposta chipriota coñecida este mércores e que aposta pola redución fondos é "simplemente iso, unha proposta, en ningún caso definitiva".
"Agora deberá ser debatida por todos os países da Unión que, na súa maioría está a favor de que rexións como Galicia sigan percibindo fondos máis aló de 2014", aseverou a Xunta.
