Hemeroteca web
|
RSS
Mércores 19.06.2013
| Actualizado 00.00
A Xunta analiza coas entidades financeiras novas fórmulas de apoio a empresas
SANTIAGO. EP | 04.02.2012
A Consellería de Economía e Industria desenvolve unha roda de contactos e encontros con directivos das principais entidades financeiras que operan en Galicia para estudar posibles vías de colaboración destinadas a mellorar as alianzas futuras e as posibilidades de apoio ao tecido produtivo galego.
Nun comunicado, o departamento que dirixe Javier Guerra explicou que, a través do Igape (Instituto Galego de Promoción Económica), mantén diferentes vías de colaboración coas entidades financeiras para habilitar liñas de apoio, tanto para buscar que as empresas poidan acceder ao financiamento que necesitan para funcionar con normalidade como para financiar os seus novos investimentos.
Con estes obxectivos, Economía e Industria sinalou que "está a dar todos os pasos necesarios" para conseguir que as dificultades da situación financeira internacional "non impidan o normal desenvolvemento das actividade empresarial, fundamental para impulsar o crecemento da economía".
Ademais, nestes encontros, o departamento autonómico pediu o compromiso das entidades financeiras co labor de impulso do tecido empresarial.
© 2013 www.galiciahoxe.com
Todos os dereitos reservados. Prohibida a
reprodución total ou parcial do contido sen a
expresa autorización do propietario.