Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Mércores 22.05.2013  | Actualizado 14.10

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

A Xunta asina un convenio coa Fundación La Rosaleda para dinamizar o galego no ámbito sanitario

SANTIAGO. EP  | 04.07.2012 
A- A+

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez, asinou este martes co presidente da Fundación La Rosaleda, Gerardo Fernández Albor, un convenio de colaboración para a realización dun programa de actuacións en materia de dinamización lingüística.

O convenio de colaboración ten como obxectivo, segundo informou a Xunta, a "progresiva" implantación do galego no funcionamento interno da Fundación e a planificación e o desenvolvemento de accións externas específicas de dinamización lingüística dirixidas aos máis novos. Tal é o caso da próxima edición dun libro infantil de 'Os Bolechas', no marco do programa 'Literapia', que a Fundación desenvolve nas escolas hospitalarias.

Mediante esta iniciativa, a consellería dirixida por Vázquez e a fundación presidida por Fernández Albor propiciarán "un achegamento á lingua galega" por parte dos nenos que pasan por estanzas hospitalarias.

Del mesmo modo, a Fundación incorporará o galego e contribuirá á súa dinamización no ámbito sanitario mediante a galleguización da súa documentación interna, que se redactará integramente en galego co apoio do Servizo de asesoramento lingüístico da Secretaría Xeral de Política Lingüística no referente a cuestións lingüísticas e terminolóxicas.

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS