Hemeroteca web | RSS  RSS     Martes 15.10.2019 Actualizado 14:34
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

A Xunta carga contra a ministra de Industria por "acudir a Galicia sen ningún tipo de proposta"

SANTIAGO. EP  | 08.10.2019 
A- A+

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, cargou contra a ministra de Industria en funcións, Reyes Maroto, por "acudir a Galicia sen ningún tipo de proposta nin concreción" para a crise industrial que se vive na Comunidade en plantas como a de Endesa das Pontes e a de Alcoa de San Cibrao.

Na súa comparecencia no pleno do Parlamento galego, Conde criticou que a ministra "nega" a información sobre o borrador do estatuto pendente de aprobación para a industria electrointensiva, polo que reclama que "traslade" ese texto.

Respecto diso, arremeteu contra o "caos enerxético" do Goberno de Pedro Sánchez que "está a arrastrar a toda a industria" de Galicia.

Esta comparecencia prodúcese por mor da situación da térmica das Pontes, sobre a que criticou que a reunión da pasada semana en Madrid "non cumpriu nin de lonxe as expectativas", cun Goberno "sen ideas e sen planificación", xa que "non ten nestes momentos ningunha alternativa viable que garanta" a continuidade industrial e traballo. E é que asegura que non é viable substituír actualmente o carbón pola biomasa.

"España non vai recibir ningunha medalla por ser a primeira en pechar todas as súas centrais", avisou o conselleiro.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS