Hemeroteca web | RSS  RSS     Venres 20.10.2017 Actualizado 13:07
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

A Xunta cifra en 29 os incendios rexistrados de madrugada ao longo deste fin de semana

A conselleira do Medio Rural enxalza o labor dos efectivos anti incendios

SANTIAGO E.P.  | 13.08.2017 
A- A+

A Xunta denunciou a "elevada actividade incendiaria" rexistrada nas madrugadas deste fin de semana, nas que se contabilizaron un total de 29 incendios declarados entre as 22,00 horas e as 7,00 horas. A través dun comunicado difundido este domingo polo Executivo autonómico, a conselleira do Medio Rural, Angeles Vázquez, enxalzou "o alto grao de compromiso e eficacia para facer fronte ao desafío que supón a actividade incendiaria".

Segundo a Xunta, 21 dos 29 incendios rexistrados de madrugada, cando os medios áereos non poden actuar, "quedaron reducidos a conatos", é dicir, non afectaron a máis dunha hectárea. A continuación, o Executivo galego asegura que o tempo medio de reacción fronte a un lume situouse "ao redor dos 20 minutos". Ademais, denuncian que os incendios se declararon "con varios focos simultáneos en puntos próximos".

Así, puxo como exemplo o "paradigmático caso" do Concello de Agolada (Pontevedra), onde "chegou a haber ata dez lumes en apenas 24 horas", dos que "catro quedaron en conatos" e "só un" superou as 15 hectáreas de superficie afectada.

AGRADECEMENTO Aos PROFESIONAIS

Deste xeito, a titular de Medio Rural agradeceu o traballo "a todos os profesionais que loitan contra os incendios forestais en Galicia, tanto ao persoal da propia Xunta como dos corpos e forzas de seguridade do Estado, Exército e Protección Civil". Por último, tras emprazar á cidadanía a denunciar aos incendiarios, lembra que a época de perigo alto de incendios esténdese do 1 de xullo ao 30 de setembro, un tempo no que estarán despregados na comunidade "unhas 7.000 persoas para loitar contra o lume".

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS