Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Domingo 19.05.2013  | Actualizado 12.21

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Santiagoteespera.com
Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

polémica polos contratos navais

A Xunta cre que un cambio de goberno en México non afectará ao acordo con Pemex

Asegura que a súa decisión "está madura"

SANTIAGO. EP  | 03.07.2012 
A- A+

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, deu por feito este luns que, aínda que se confirme de forma definitiva o cambio de goberno en México, a decisión "soberana" do pobo mexicano "non terá repercusión" no acordo selado coa petroleira Pemex para a participación de estaleiros galegos na construción de 14 remolcadores e dous buques quimiqueiros.

"A decisión dunha empresa pública de facer barcos é unha decisión que está madura dende hai tempo", defendeu Feijóo e avanzou que nela "non terá repercusión" unha eventual vitoria nas urnas do Partido Revolucionario Institucional (PRI).

E é que, á espera dunha confirmación definitiva --que está pendente, como recordou o máximo mandatario galego--, os datos provisionais das autoridades electorais mexicanas apuntan a que o candidato do PRI, Enrique Peña Nieto, gañou os comicios no país azteca.

Preguntado ao respecto, tras a inauguración dun curso no Centro Superior de Hostalaría de Galicia, o presidente reafirmouse en que a decisión electoral non ten por que influír na "política comercial" dunha empresa pública como Pemex, que vai facer un pedido "en estaleiros tecnoloxicamente competentes e con prezos competitivos".

VISITA A GALICIA

En calquera caso, incidiu en que a toma de posesión vaise producir o 1 de decembro, para subliñar que esta semana visitarán Vigo e Ferrol responsables de distintos estaleiros mexicanos e algún directivo de Pemex "para seguir concretando características técnicas e prezos" co naval galego.

"Esta semana será moi importante dende o punto de vista de confirmar os pedidos de 14 remolcadores e dous quimiqueiros, así como avanzar na posibilidade de compra dun flotel", resolveu o presidente galego.

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS