Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 23.03.2017 Actualizado 21:14
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

A Xunta creará unha bandeira verde para aqueles montes que acrediten o seu uso sustentable

"O obxectivo é valorar e distinguir a aqueles propietarios que non só están a cumprir coas súas obrigacións, senón que vai máis aló"

SANTIAGO. EP  | 20.03.2017 
A- A+

A Consellería de Medio Rural creará unha bandeira verde como distintivo para aqueles montes que acrediten o seu uso sustentable, co fin de recoñecer a mellora no patrimonio natural, así como a xestión ambiental e social, unido á prevención contra os incendios forestais.

Así o anunciou este luns a conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, nunha visita ao monte da Braxe, propiedade da Xunta e localizado na Serra da Capelada.

"O obxectivo é valorar e distinguir a aqueles propietarios que non só están a cumprir coas súas obrigacións, senón que vai máis aló e destacan polo ben coidadas que estean as súas parcelas o que, por exemplo, acrediten os seus usos sotenibles", apunta a conselleira.

De tal forma, búscase concienciar sobre a importancia dunha boa xestión da contorna e a súa conservación, pero tamén fomentar a innovación e a posta en marcha de iniciativas pioneiras.

"MONTE MODÉLICO"

Pola súa banda, Ángeles Vázquez referiuse ao monte da Braxe como "modélico", o cal conta con 147 hectáreas ordenadas e con certificación forestal na Serra da Capelada.

Este luns, a conselleira participou aquí da plantación simbólica de 30 castiñeiros con motivo do Día Internacional do Bosques, que se celebra o martes. A Braxe viuse afectado o temporal Klaus e trabállase para recuperar o seu uso recreativo.

Este espazo conta co Horto da Semente, no que a Xunta traballa para seleccionar aos mellores exemplares de piñeiros ('pinus pinaster'). O obxectivo é incrementar a produción de semente da calidade controlada, a única de toda a Península Ibérica con esta cualificación.

 

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS