Hemeroteca web | RSS  RSS     Domingo 26.04.2020 Actualizado 00:00
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

A Xunta denuncia o "desinterese" do Executivo polo Xacobeo 2021

Tacha de "fume" a comisión da Delegación do Goberno

A CORUÑA. EP  | 13.02.2020 
A- A+

A Xunta cualificou de "comisión do fume" o organismo creado pola Delegación do Goberno no marco do Xacobeo 2021 e censura que o Goberno central "pretenda disfrazar o seu desinterese por este evento".

"Pondo en marcha un ente encargado do seguimento desta celebración sen contar coa presenza de ningún representante autonómico, a pesar de tratarse da administración encargada de organizar este evento", sinala nun comunicado a Consellería de Cultura.

O Goberno galego lamenta tamén o que cualifica como "un uso partidista" do Xacobeo "promovendo a constitución dun novo organismo de costas aos galegos, cando xa existen na actualidade foros oficiais que contan coa participación dos distintos axentes implicados neste evento".

Respecto diso, alude á comisión organizadora do Xacobeo 2021, "impulsada pola Xunta e na que a Delegación do Goberno está representada, a pesar de que o delegado do Goberno decidiu non asistir nunca a ningún encontro da mesma".

INVESTIMENTOS
"O único obxectivo desta 'comisión do fume' é tentar mostrar a imaxe de que o Goberno do Estado colabora co Xacobeo a través dun refrito de investimentos recorrentes".

Respecto diso, critica que as partidas citadas polo delegado do Goberno no próximo Ano Santo "figuran, por exemplo, os 17 millóns de euros que o Executivo de Mariano Rajoy decidiu investir nos orzamentos do ano 2015 para afrontar a restauración da Catedral de Santiago".

Ademais, critica "non ter noticias dun plan de investimentos concretos por parte do Executivo central", polo que reclama "un compromiso serio e real con este evento".

 

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS