Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 20.02.2020 Actualizado 21:12
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

A Xunta exporá a súa "axenda" ante o Goberno nun pleno onde a oposición demandará respostas sobre Verín

A Cámara debaterá a nova lei de ordenación do territorio e unha proposta do grupo mixto para despenalizar a eutanasia no Estado

SANTIAGO. EP  | 21.01.2020 
A- A+

O Parlamento de Galicia retoma a actividade plenaria após o parón das festas do Nadal cunha sesión na que a Xunta detallará as súas demandas ao Goberno central e na que a oposición volverá á carga contra o Ejeuctivo autonómico pola súa xestión sanitaria, especialmente, co foco situado no paritorio de Verín que, após semanas de polémica e protestas veciñais, reabrirá a partir de febreiro.

Coa sesión ordinaria da próxima semana arrincará a fase final da lexislatura dado que, previsiblemente, o que agora comeza será o último período de sesións antes da celebración de eleccións autonómicas. Nesta sesión a Cámara debaterá dous textos lexislativos: por unha banda, a nova Lei de Ordenación do Territorio impulsada pola Xunta e, por outro, unha proposta do grupo mixto para remitir ao Congreso unha modificación do Código Penal que despenalice a eutanasia.

A xunta de portavoces celebrada este martes deu forma á orde do día do pleno que terá lugar os días 28 e 29 de xaneiro. Durante a primeira xornada comparecerá o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, para informar ante a Cámara das demandas da Administración autonómica ante o Goberno central expresadas nas cartas remitidas a pasada fin de semana a cada un dos ministerios.

Pola súa banda, os grupos da oposición --PSdeG, Común da Esquerda, BNG e grupo mixto-- volverán traer a debate o peche do paritorio do hospital de Verín, que reabrirá a partir de febreiro após a contratación de dous pediatras. Sobre iso deberá responder o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, durante a sesión control, na que se estreará a viceportavoz do BNG Olalla Rodil, que substituirá á líder frontista, Ana Pontón, pola súa recente maternidade.

 

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS