Hemeroteca web | RSS  RSS     Martes 11.12.2018 Actualizado 21:23
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

A Xunta garante a continuidade da promoción da lingua galega nun colexio público de Ponferrada

SANTIAGO. EP  | 19.04.2012 
A- A+

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria garante a continuidade da promoción da lingua galega no colexio público de Ponferrada (Castilla e León) Jesús Maestro, un dos 18 centros adscritos a este proxecto, co que rexeita que poida desaparecer o programa de promoción do galego nos territorios galegofalantes da Comunidade castelano-leonesa.

Segundo informa nun comunicado a Consellería, o responsable de Política Educativa Escolar confirmou que "despois da comprobación pertinente", se observou que "en ningún momento se formulou a situación, nin por parte deste centro, nin outro da Comunidade de Castilla e León de que puidese desaparecer este programa.

Así mesmo, explicou que existe unha "total disposición de colaboración" para a promoción do galego nos territorios limítrofes nos que dende hai anos se imparte en centros educativos de Castilla e León.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS