Hemeroteca web | RSS  RSS     Martes 25.09.2018 Actualizado 12:26
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

A Xunta habilita máis de 41 millóns para facer efectiva a subida salarial a máis de 30.000 docentes

SANTIAGO. EP  | 13.09.2018 
A- A+

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou este xoves que o seu Goberno acordou habilitar os máis de 41 millóns de euros necesarios para facer efectivo o aumento salarial a máis de 30.000 docentes que traballan en Galicia.

Ao termo da reunión semanal do seu Executivo, Feijóo lembrou que o aumento total (cando finalice a súa aplicación en 2021) situarase nuns 1.260 euros ao ano, o que sitúa a Galicia entre as comunidades de réxime xeral de financiamento mellor situadas "no que respecta a nóminas e capacidade retributiva".

O presidente galego reivindicou que os docentes --nos termos alcanzados no acordo cos sindicatos-- non son o primeiro colectivo cuxo salario se incrementa e avanzou que os orzamentos do ano 2019 terán "un importante incremento" de recursos ligado ao aumento da capacidade retributiva dos empregados públicos.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS