Hemeroteca web | RSS  RSS     Mércores 13.12.2017 Actualizado 17:49
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

A Xunta impulsa a concentración parcelaria con 26,9 millóns

Trata de avanzar en procesos abertos e activar outros 31

SANTIAGO. EP  | 20.04.2017 
A- A+

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou o impulso pola reestruturación parcelaria cun investimento de 26,9 millóns de euros, co fin de seguir avanzando nos 130 procesos de reestruturación abertos e que aspira a finalizar nesta lexislatura.

Os 130 procesos abertos a día de hoxe afecta a unhas 116.170 hectáreas e Feijóo sinalou que está previsto decretar outras 31 novas zonas de reestruturación parcelaria (a maior parte en Lugo), co fin de "seguir potenciando o medio rural en xeral e o sector agrario en particular".

"Non concentramos por concentrar, facémolo onde hai demanda contrastada con actividade económica", sinalou Feijóo, na rolda de prensa posterior á reunión semanal do seu Executivo.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS