Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Martes 22.05.2012  | Actualizado 12.06

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
[Noticia 1 de 1] Galicia  |  RSS - Galicia RSS

A Xunta pídelle ás centrais que negocien e "non sexan responsables" de que non se mellore a proposta

07.02.2012 

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

SANTIAGO. EP

O director xeral de Función Pública, José María Barreiro, chamou os sindicados de función pública a negociar e a que "non sexan responsables de que non se poida facer ningunha mellora e o texto quede na redacción actual".

Nunha nota de prensa, Barreiro subliñou que a Xunta "garante os salarios, sen ningún tipo de rebaixa" para os empregados públicos da administración galega e xustificou as propostas do anteproxecto de lei de medidas no emprego público.

"Estamos a traballar en medidas que xa se adoptaron noutras comunidades autónomas", dixo e referiuse, en concreto a que Madrid, Canarias, País Vasco, La Rioja e Valencia xa implantaron unha norma segundo a cal non aboan o complemento aos traballadores de baixa nos primeiros días desta. A proposta galega, engadiu, "non toca o complemento en caso de accidente de traballo, enfermidade profesional ou maternidade".

Respecto á redución de ata un terzo da jornda, destacou que é "totalmente voluntaria" no caso do persoal funcionario, e para o interino "a regra xeral é o mantemento da xornada".

"A Xunta quere negociar e consensuar coas organizacións sindicais", afirmou e indicou que ese é o motivo polo cal se ampliou o período de alegacións --remataba este martes-- ata o xoves. "Esperamos que a resposta sexa negociar", dixo, tras pedir esta mesma xornada as catro organizacións sindicais a retirada do texto.

Barreiro insistiu que o seu desexo é pactar o texto cos sindicatos, "salvo que eles renuncien a facelo". Por iso, o director xeral de Función Pública lamentou que mentres a Xunta accede a ampliar o período de alegacións como pediron as organizacións estas non fagan propostas para mellorar o texto e "se limiten a pedir a súa retirada".

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS