Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Martes 22.05.2012  | Actualizado 12.06

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
[Noticia 1 de 1] Galicia  |  RSS - Galicia RSS

POLÍTICA ENERXÉTICA

A Xunta promove un novo sector nas enerxías renovables: o das ondas do mar

05.08.2011  Industria prprepara unha norma para regular a enerxía undimotriz, na que ve "un elevado potencial"

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

FERROL. EP

O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, apostou por   fomentar a creación "dun novo sector industrial" en Galicia dentro   das enerxías renovables, o da undimotriz --producida polo movemento   das ondas--, no que vai "un elevado potencial" e para o que a Xunta   prepara unha norma.  
   Guerra, que visitou este venres a primeira boia para estudar as   posibilidades desta enerxía, fondeada dende xullo na ría de Ares,   explicou que o departamento que dirixe promove un proxecto   experimental que desenvolve en Ferrol en colaboración coa empresa   Galicia Mar Renovables.  
   A boia é un prototipo co que a que espera chegar a producir un   millón de megavatios cada hora, o que suporía suficiente enerxía para   abastecer 300 familias durante un ano.  
   O conselleiro destacou que a Comunidade galega ten un elevado   potencial nesta enerxía e que a súa explotación é unha das posibles   opcións para alcanzar un incremento significativo das enerxías   renovables nas próximas décadas". "Temos neste tipo de enerxía unha   oportunidade de futuro", dixo.  
   Así mesmo, o titular de Economía e Industria afirmou que o   aproveitamento da enerxía das ondas "é xa unha realidade", con   "grandes perspectivas de crecemento, nas costas de Ferrol". Por iso,   o Goberno galego elabora unha normativa reguladora da actividade, que   converta a Galicia na primeira comunidade de España cunha "norma   clara" sobre o sector.  
   "Queremos situar a Galicia á vangarda da enerxía undimotriz,   xerando un sector tecnolóxico, industrial e social con grandes   perspectivas de creación de emprego", proclamou. Ademais, referiuse   ao Plan Ferrol, dentro do que incluíu esta iniciativa. Este programa,   dixo céntrase na innovación empresarial e o fomento das enerxías   renovables.  
   No que vai de ano, destacou, a Xunta apoiou investimentos por máis   de 150 millóns de eiros, con case 70 millóns de axudas concedidas   dentro da estratexia de dinamización do tecido comercial e produtivo   das bisbarras de Ferrolterra, Eume e Ortegal.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS