Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Mércores 19.06.2013  | Actualizado 00.00

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

A Xunta propón "graduar" en tres anos a suba de taxas a partir de segundas matrículas e conxelar as primeiras

SANTIAGO. EP  | 26.06.2012 
A- A+

Graduar en tres anos o incremento da suba de taxas a partir de segunda matrícula, conxelar a primeira e todos os tipos de taxas de secretaría, son algunhas das propostas trasladadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de cara ao novo decreto de prezos que levará o 2 de xullo ao Consello Galego de Universidades.

Os vicerreitores económicos das tres institucións académicas galegas reuníronse este luns con responsables da Secretaría Xeral de Universidades para aproximar posicións respecto aos criterios a aplicar no establecemento de prezos públicos. A proposta da Xunta foi remitida ás universidades o pasado mércores para a súa análise, tras o encontro entre o conselleiro Jesús Vázquez e os tres reitores o pasado 14 de xuño e o compromiso de elaborar un borrador en poucos días.

As propostas do departamento autonómico van en ao liña de manter os mesmos custos en primeiras matrículas deste ano para o próximo curso, do mesmo modo que os prezos de todos os tipos de taxas de secretaría.

Para o resto de matrículas (máster, segundas e sucesivas), buscarase empregar sempre o límite inferior das forquitas establecidas no Real decreto de medidas urxentes de racionalización no ámbito educativo. En concreto, este fixa que na segunda matrícula o alumno cubra entre o 30 e o 40 por cento do custo real; na terceira entre o 65 e o 75 por cento; e na cuarta, entre o 90 e o cen por cento do custo real das ensinanzas. Para o resto de Másteres, os non habilitantes, a primeira matrícula cubrirá entre o 40 e o 50 por cento e entre o 65 e o 75 por cento do custo a partir da segunda.

Esta suba sería gradual en tres anos tanto en máster coma a partir de segunda matrícula en graos e plans a extinguir, de modo que en 2015 se contaría cun novo sistema de contabilidade analítica baseándose no que se fixarían as taxas públicas.

Así mesmo, Educación propón o establecemento dunha pequena taxa polo dereito a exame de materias de plans a extinguir que non teñan xa docencia, de modo que, segundo considera, "se eliminaría así a referencia a unha porcentaxe do prezo de matrícula, como ata agora", en beneficio do estudante".

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS