Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Xoves 23.05.2013  | Actualizado 01.24

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

prevé a implantación dunha tarifa "razoable"

A Xunta proxecta que 13 dos 67 aparcamentos disuasorios sexan novos

Estima aforros de entre 175 e 2.000 euros por usuario destes espazos e investirá 11,4 millóns na adecuación e posta en marcha

SANTIAGO. EP  | 10.07.2012 
A- A+

O plan sectorial de aparcamentos disuasorios, aprobado de forma inicial no Consello da Xunta da semana pasada, proxecta que 13 dos 67 espazos da rede sexan de nova creación e o Goberno galego prevé a implantación dunha tarifa "razoable" polo seu uso, un aspecto pendente de ser negociado cos concellos.

Así o explicaron en rolda de prensa o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, e o director xeral de Mobilidade, Miguel Rodríguez Bugarín, que afirmaron que a intención da Xunta é potenciar o uso do transporte público --os condutores deixan o seu vehículo nestes aparcamentos e acceden ao autobús ou algún outro transporte metropolitano-- e as iniciativas para compartir coche --o 'carpooling'--.

O plan estima aforros que oscilan entre os 175 euros e os 2.000 euros anuais por usuario. Ademais, a inversión prevista para sinalizar e acondicionar os espazos, así como para poñer en marcha os novos (13 dos 67 proxectados non existen na actualidade), ascende a 11,4 millóns, que serán asumidos polo Goberno galego.

Bugarín sinalou que o aforro que calculan para os usuarios que utilicen estes aparcamentos co fin cambiar de medio de transporte é de 175 euros ao ano, aos que se suman outros 600 pola utilización da tarxeta de aforro metropolitana. Na outra modalidade que o Goberno galego quere impulsar, a de usar estes espazos como puntos de encontro para persoas que, a partir de aí, compartirían vehículo, o aforro estará entre os 1.500 e os 2.000 euros anuais, afirmou.

O documento elaborado pola Xunta inclúe un total de 67 aparcamentos disuasorios nas áreas metropolitanas das sete maiores cidades, co que os distribúe por 15 concellos. Estes espazos terán capacidade para 16.715 prazas físicas, que ascenden a 20.893 se se ten en conta unha rotación do 25% (un vehículo non ocupa a praza as 24 horas).

Hernández explicou que o plan sairá este venres, 13 de xullo, a información pública e a previsión é que estea aprobado de forma definitiva a principios do ano que vén. Desenvolverase nos tres ou catro anos seguintes á súa aprobación.

Ademais, o conselleiro sostivo que se trata dun documento de "ordenación do territorio", non de viabilidade económica, se ben o Goberno galego dispón de cálculos previos que indican que esta rede é "viable". Así, nunha segunda fase están pendentes de ser negociados cos concellos aspectos como o establecemento dunha tarifa, que debe ser "axustada á realidade de cada aparcamento".

Entre os puntos que non se pecharon están a fórmula de xestión, se esta será conxunta ou individual ou se se encomendará a empresas privadas. En calquera caso, Hernández apuntou que o Goberno ten unha avaliación de diferentes posibilidades de xestión e conclúe que esta pode facerse "de forma conxunta e cunha tarifa axeitada", que permitiría cubrir servizos de seguridade e vixilancia.

ACONDICIONAMENTO

O documento parte da análise de 106 localizacións distintas, das que 67 foron propostos no documento. Delas, solo 13 son de nova creación e o resto son espazos xa existentes que necesitarán ser acondicionados ou simplemente sinalizados co fin de ordenar os usos, como o de compartir vehículos.

Trátase, dixo Hernández, de poñer en marcha un "plan global para os sete áreas metropolitanas", que absorberá unha inversión "non moi importante" pero que terá "un resultado moi satisfactorio" para a sociedade, o medio e a propia economía dos usuarios dos aparcamentos.

Rodríguez Bugarín apuntou que esta iniciativa pretende resolver o problema da conxestión da entrada nas grandes cidades. Neste sentido, considerou que Vigo e A Coruña, cun maior tráfico, teñen unha necesidade máis urxente destas medidas.

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS