Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Xoves 23.05.2013  | Actualizado 12.28

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

A Xunta renova o manual de estilo do DOG para implementar linguaxe accesible e uso correcto da toponimia

SANTIAGO. EP  | 15.07.2012 
A- A+

O Diario Oficial de Galicia (DOG) contará cun novo manual de estilo que servirá de "referencia" ás demais publicacións institucionais como páxinas webs, gabinetes de comunicación ou manuais formativos. Con esta renovación, o propósito da Xunta é "modernizar a linguaxe xurídico-administrativo", facéndoo "accesible a todos os cidadáns", e promover o uso correcto da toponimia, entre outras cuestións.

Así o explica1 a Xunta a través dun comunicado, no que se apunta que o obxectivo da reforma é "unificar pautas" para un uso "claro e rigoroso", tanto do galego, coma do castelán, nas comunicacións institucionais. Isto afectará dende as publicacións en formato papel ou dixital, ata as páxinas web dependentes da Xunta ou aos gabinetes de comunicación dos órganos gobernamentais.

O novo manual ten unha estrutura dividida en dúas partes. Por un lado, recóllense normas e recomendacións no ámbito de formatos electrónicos dos documentos, tipos de letra, distribución de documentos, etc.

A segunda parte do manual alberga as normas de redacción e estilo, facendo especial fincapé no emprego dunha linguaxe accesible á cidadanía, o correcto emprego da toponimia ou a inclusión dun apartado onde se recollen expresións incorrectas que se están a empregar actualmente por parte da administración.

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS