Hemeroteca web | RSS  RSS     Martes 20.08.2019 Actualizado 12:41
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

A Xunta sinala que a nova lei de impulso demográfico será unha "semente" que mostrará os seus froitos "dentro duns anos"

SANTIAGO. EP  | 24.06.2019 
A- A+

A conselleira de Política Social, Fabiola García, avanzou este luns que a nova Lei de Natalidade e Impulso Demográfico da Xunta será unha "semente", polo que haberá que esperar até "dentro duns anos" para ver os seus froitos.

En declaracións aos medios após a inauguración dunha exposición sobre as actividades de Cáritas no edificio administrativo da Xunta en Santiago, Fabiola García explicou que "darlle a volta á pirámide demográfica non é cousa dun día", polo que a nova lei será a "semente".

A pesar de que non quixo avanzar as propostas que esta norma integrará, valorou que Galicia será a primeira comunidade que elevará a rango de lei "todas as políticas demográficas", xa que o obxectivo é "seguir apoiando a todas as familias que deciden ter un fillo". Así, aprazou até este xoves, cando se iniciará o tramite de dicha normativa no Consello da Xunta, para coñecer máis aspectos da mesma.

Ademais, mostrou a súa satisfacción coa ampliación da Tarxeta Benvida, que anunciou este domingo o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. Neste sentido, indicou que desde o seu lanzamento, esta iniciativa beneficiou a máis de 40.000 nenos. "A nova lei incorporará outras moitas medidas para continuar traballando pola demografía de Galicia", sentenciou.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS