Hemeroteca web | RSS  RSS     Mércores 11.12.2019 Actualizado 19:33
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

A Xunta solicita ao Parlamento de Galicia fixar neste mes de setembro o Debate do Estado da Autonomía

A Mesa da Cámara e a Xunta de Portavoces reuniranse este martes e concretarán a data

Feijóo, nun Debate sobre o Estado da Autonomóa
 - FOTO: XUNTA - Archivo
Feijóo, nun Debate sobre o Estado da Autonomóa - FOTO: XUNTA - Archivo

SANTIAGO. EP  | 14.09.2019 
A- A+

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, solicitou ao Parlamento, en nome do Executivo autonómico, que fixe para este mes de setembro o terceiro Debate do Estado da Autonomía da presente lexislatura.

Segundo informa este sábado Vicepresidencia, a petición xa foi rexistrada na Cámara e a sesión terá como punto único da orde do día a comparecencia do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, para "informar e debater respecto da situación política" da Comunidade.

Fontes do Pazo do Hórro consultadas por Europa Press explicaron que agora toca á Mesa do Parlamento e á Xunta de Portavoces, que se reunirán este martes, fixar as datas deste debate.

Ao solicitar o Goberno autonómico que se celebre durante este setembro, é previsible que teña lugar na semana seguinte, a do día 23, por ser a última do mes. De ser así, celebraríase 15 días antes que o de 2018, que tivo lugar do 9 ao 11 de outubro.

NOVENO DEBATE DE FEIJÓO
A sesión, que tradicionalmente se alonga durante tres xornadas, incluirá intervencións por parte dos grupos da oposición, o debate dun ditame e a súa votación o último día.

Este será o noveno Debate do Estado da Autonomía de Feijóo, que asumiu a Presidencia da Xunta fai máis de dez anos, e o segundo desde a última remodelación do seu Goberno, materializado hai case un ano.

Ademais, será a primeira participación do secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, neste pleno de carácter anual. O líder socialista debutou o pasado mércores no seu cara a cara co presidente galego.

Neste debate, Feijóo enfrontarase a unha oposición máis dividida que hai un ano. E é que os 14 deputados do entón Grupo de En Marea atópanse agora repartidos entre os 10 do Grupo Común da Esquerda --Podemos, Esquerda Unida e Anova-- e os catro do Grupo Mixto, capitaneados polo portavoz de En Marea partido, Luís Villares.

OS ORZAMENTOS DO 2020, NO AIRE
Así mesmo, a sesión podería coincidir coas datas nas que o xefe do Executivo autonómico pretende desvelar se presentará na Cámara un proxecto de orzamentos para 2020 ou se, pola contra, prorroga os de 2019.

Feijóo xustificou esta disxuntiva no "bloqueo" a nivel estatal, xa que o seu Goberno demanda ao Goberno central en funcións o ingreso de 700 millóns das entregas a conta e a liquidación do IVE, entre outras partidas.

 

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS