Hemeroteca web | RSS  RSS     Sábado 14.09.2019 Actualizado 15:12
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

A Xunta transfire 2,3 millóns de euros ao Concello de Santiago polo Estatuto de capitalidade

SANTIAGO. EP  | 11.07.2019 
A- A+

O Consello da Xunta aprobou este xoves o convenio de colaboración entre a Administración autonómica e o Concello de Santiago para o financiamento do Estatuto de capitalidade de Compostela por máis de 2 millóns de euros.

Este orzamento, que ascende a 2,3 millóns de euros, está destinado a "financiar os gastos de Compostela" derivados da súa condición de capital de Galicia e sede de institucións autonómicas, segundo informou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

Pola súa banda, o Consello da Capitalidade será o encargado da interpretación, seguimento e cumprimento do convenio que se aprobou este xoves e que mantén as cifras dos dous últimos anos: 2,32 millóns de euros.

Feijóo explicou que o importe se transferirá ao Concello de Santiago en tres partes, a primeira o 16 de xullo cun 33% do importe total e as outras o 30 de setembro e o 15 de decembro.

 

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS