Hemeroteca web | RSS  RSS     Venres 22.06.2018 Actualizado 21:11
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Cre que "se fixo o que se tiña que facer"

A Xunta ve "un acerto atender" aos refuxiados do 'Aquarius'

VIGO. EP  | 12.06.2018 
A- A+

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, subliñou que "se fixo o que se tiña que facer" co ofrecemento do Goberno español a acoller aos máis de 600 inmigrantes e refuxiados que viaxan no buque 'Aquarius', e considerou "un acerto atender" unha petición humanitaria como esta.

Así o trasladou este martes ao ser preguntado por este tema nun acto en Vigo, onde agregou que esta é "unha cuestión humanitaria que non admite ningunha discusión", e, "por suposto, a Xunta ponse a disposición do Estado en todo aquilo que faga falla para o acollemento".

En relación con iso, aínda que apuntou que "é unha competencia estatal a distribución e a execución desa distribución" dos refuxiados, insistiu en que "se é necesario o auxilio doutras administracións, igual que o tiña o Goberno anterior, por suposto que o terá este (por parte da Xunta) nesta decisión que tomou".

"Sen prexuízo de que seguimos crendo que debería haber unha coordinación a nivel europeo, cando se dá unha circunstancia destas creo que é un acerto atendela e a Xunta está para atendela tamén", selou, antes de referendar que "moitos concellos" xa se ofreceron a colaborar.

 

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS