Hemeroteca web | RSS  RSS     Venres 13.12.2019 Actualizado 21:21
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

A Xunta vese "en emerxencia financeira" e expón novas vías ao Goberno para "que pague o que debe"

SANTIAGO. EP  | 28.11.2019 
A- A+

O Goberno galego volverá dirixirse ao Goberno e exporalle novas fórmulas para que "pague todo o que debe" á comunidade --en relación aos 700 euros que reclama--, despois de que, ata o momento, "só fosen transferidos 167 dos 334 millóns" de euros que o Executivo de Pedro Sánchez si se comprometeu a abonar en concepto de entregas a conta.

Non en balde, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, remarcou que as arcas autonómicas están "en situación de emerxencia financeira". "Estamos a fin de ano e non temos diñeiro", dixo, antes de remarcar que dos 700 millóns de euros que esixe ao Goberno, "por prudencia" orzou 530, contando con gastar o resto "como remanentes".

"Se eses 530 millóns non se transfiren, hai un buraco", sinalou o presidente galego, quen lembrou que toca pagar as nóminas dos empregados públicos e a extra de Nadal. En todo caso, preguntado acerca de se estas nóminas están en risco, deu a entender que "non" porque a "prioridade" da Administración é "pagalas" e, de ser necesario, acudiríase a liñas de tesouraría.

Pero si admitiu dificultades e atrasos no pago de facturas, antes de proclamar que "non é xusto". Por iso, dirixirase ao Goberno e exporalle dúas "opcións" para que abone "de inmediato" non só as entregas a conta, senón os outros 370 millóns que esixe a comunidade (200 millóns por unha anualidade do IVE de 2017 e outros 170 polo cumprimento das regras fiscais).

Para a mensualidade do IVE, a Xunta propón como vía "xenérica" que o Goberno habilite financiamento para compensar a todas as comunidades "todas as cantidades do IVE antes do 30 de decembro", xa sexa a través de modificacións orzamentarias ou "completando" o decreto lei articulado para transferir as entregas a conta, como a Comunidade galega xa defendeu no seu día.

A segunda vía pasaría por que o Executivo subscriba débeda polo importe total do IVE que debe ás comunidades e, cando articule a lei para habilitar a transferencia do mesmo, realice unha compensación na súa propia contabilidade amortizando os préstamos. Se o Goberno "non fai caso", a Xunta xa avanzou que exporá que o asunto se debata no Congreso.

En canto aos recursos derivados de cumprir as regras fiscais, a Xunta demanda que se reúna o Consello de Política Fiscal e Financeira (CPFF) con ese punto na orde do día.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS