Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Martes 22.05.2012  | Actualizado 12.06

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
[Noticia 1 de 1] Galicia  |  RSS - Galicia RSS

plan hidrolóxico

A Xunta volve garantir a "blindaxe" dos ríos ante novas centrais

29.04.2011  O presidente de Augas de Galicia reitera no Parlamento que "se vai cumprir o acordo" selado polas forzas en febreiro e que declara as concas "libres de máis aproveitamentos hidroeléctricos"

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN E AXENCIAS . SANTIAGO

O presidente de Augas de Galicia, Francisco Menéndez, garantiu que o Plan Hidrolóxico de Galicia-Costa "vai cumprir" o acordo polo que os tres grupos con representación no arco parlamentario galego aprobaron, o pasado día 8 de febreiro, declarar os ríos da comunidade "libres de novos aproveitamentos hidroeléctricos".

A moción, impulsada polo PSdeG e transaccionada con nacionalistas e populares, indica que a Xunta deberá realizar "os trámites necesarios" para evitar a construción das 33 novas centrais que figuran no borrador, sometido por entón a información pública -ata o pasado 20 de febreiro-.

Sobre este punto e o seu futuro cumprimento no documento debateron o presidente de Augas e a deputada socialista Carmen Gallego durante a comparecencia do primeiro na comisión de Medio da Cámara autonómica. "Vostede deixou unha porta aberta a aquelas centrais que puidesen salvar os obstáculos ambientais", reprochou a voceiro do PSdeG, sobre a intervención de Francisco Menéndez.

 

"Estas son novas". "Pois igual estou errado", dixo

Fronte a isto, esixiu que, en función do ditado unánime das forzas políticas galegas, non se deixe "ningunha abertura para coar algunha central". Na quenda de réplica, o responsable do organismo autonómico precisou que "o plan non prevía nin deixaba de prever" as 33 centrais, ó considerar que simplemente "se contemplaban, posto que existen". Pola súa banda, Gallego volveu censurar que Menéndez "fala das -centrais- que sexan de repotenciación e que non supoñan un dano" ó medio e contrapuxo: "E que estas 33 son novas". "Igual estou errado", apuntou o presidente de Augas de Galicia, para insistir en que "en todo caso, vaise cumprir" o mandato do Pazo do Hórreo.

EPIGRAFE

O SLG esixe derrogar a Lei

O Sindicato Labrego Galego, que se desmarcou do acordo entre Augas de Galicia e as centrais agrarias para modificar a Lei de Augas, incidiu que a "contestación social forzou os cambios", se ben reafirmouse na postura de esixir a derrogación do "texto que privatiza este ben no país", afirmou Carme Freire.

Máis atrasos na EDAR de Vigo

Amigos da Terra critica os "continuos atrasos" na construción da nova depuradora de Vigo, despois de coñecer un novo aprazamento na execución desta, o que pode provocar que o Concello teña que pagar importantes multas por incumprir reiteradamente os prazos dados pola Unión Europea.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS