Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Martes 22.05.2012  | Actualizado 12.06

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
Sociedade

conferencia

Beiras: "Galicia é un pobo expulsado da historia hai séculos"

11.12.2010  "Quédalle un longo camiño para volver a ela", indicou onte o líder da Fundación Galiza Sempre ·· O presidente de Cultura de Paz, Federico Mayor Zaragoza cargou contra a "guerra silenciosa" da fame

4.8/5 [17 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

AXENCIAS

Xosé Manuel Beiras FOTO: AXENCIAS
Xosé Manuel Beiras
FOTO: AXENCIAS

Diálogo e fraternidade. Loita e combate cívico e social. Esta é aposta que onte defendeu en Compostela o presidente da Fundación Galiza Sempre, Xosé Manuel Beiras, na apertura do Foro Mundial da Educación –que se contextualiza dentro do contedor do Foro 2010–.
Neste contexto, o tamén membro do Consello Internacional do Foro Social Mundial subliñou que Galicia é “un pobo expulsado da historia hai varios centos de anos” a ao que lle queda “un longo camiño” para volver a ela.
Beiras reivindicou a condición de Galicia como “nación” en relación cuns “valores identitarios”que permiten “recoñecerse a sí mesmo” como premisa necesaria para “dialogar” entre os pobos”, defendeu ante un público entre o que se atopaban persoeiros como o reitor da Universidade de Santiago, Juan Casares Long e o alcalde Xesús Sánchez Bugallo, e nunha mesa que compartiu co presidente da
Fundación Cultura de Paz, Federico Mayor Zaragoza.

“Diálogo e fraternidade” de comunidades nacionais
Nesta liña, o representante galego no Foro Mundial avogou polo “diálogo e a fraternidade” entre comunidades nacionais, non sen antes destacar que un pobo “non é só o que ten aparatos de poder instituído para gobernarse”, momento no cal enumerou, en declaracións recollidas por Europa Press, a diversos pobos sen estado como os kurdos, os palestinos, saharaís, guaranís ou mapuches, aos que lles mostrou o “apoio fraternal” por parte dos galegos.
Pola súa banda, o presidente da Fundación Cultura de Paz, Federico Mayor Zaragoza, asegurou que “chegou a rebelión dos seres humanos” contra os mercados que “pretenden uniformizar” a sociedade, segundo dixo, en detrimento da xustiza social e os dereitos democráticos.
“Gardamos silencio cando non debiamos”, reprochou en relación coa postura da comunidade científica e académica respecto aos postulados dos mercados. Así, criticou os que debendo e podendo falar non o fan”.
Por iso, destacou que este Foro Mundial de Educación “chega no momento oportuno” para abrir “outros camiños” en pro dunha educación que “libere” para que “cada ser humano voe por si mesmo”, fronte aos criterios das bolsas e os grandes consorcios internacionais. En concreto, Mayor Zaragoza cargou contra o gasto armamentístico e contra “unha guerra silenciosa que constitúe unha vergoña colectiva”, que identificou coa fame que padecen “máis de 1.000 millóns de persoas”.
Resaltou, no entanto, como “o núcleo” da igualdade que “liberará” os seres humanos, a sinatura da Declaración Universal dos Dereitos Humanos da que onte se cumprían os 62 anos.

Mención especial ao Nobel chinés Lui Xiaobo
Pola súa banda, no acto de onte, celebrado en Compostela e que contou para a súa inauguración cunha actuación musical a cargo das Escolas de Música do Concello de Santiago e coa participación de Uxía Senlle, o presidente da Fundación Cultura de Paz en Galicia e organizador do encontro, Manuel Dios, fixo unha mención especial ao escritor chinés Liu Xiaobo por non poder estar en Oslo para recoller o Nobel de la Paz “en representación de millóns de persoas”.
Ademais, agradeceulles a todos os que axudaron para sacar adiante esta iniciativa que, segundo dixo, nun principio considerou “unha loucura” debido ao complicado da empresa pero que finalmente se puido levar a bo porto.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS